BOIRO> O ambiente entre os mariscadores de Cabo de Cruz non pode ser máis tenso. A orixe da polémica está na negativa a realizar vixilancias nocturnas .
{flowplayer}barbanza/denunciaagrupacionmariscadorescabo.flv{/flowplayer}
O cariz que está a tomar o conflito xurdido no seo da agrupación de mariscadores de Cabo de Cruz comeza a ser preocupante.
Moción de censura
Trala presentación de máis de 120 firmas por parte do colectivo máis crítico coa xestión da directiva, solicitando o cesamento da actual presidenta, a tensión nas praias medrou ata explotar en enfrontamentos persoais. Concretamente entre unha das mariscadorase o actual vicepresidente da agrupación.
Mentres a traballadora sostén que ela e as súas compañeiras están a ser vítimas de constantes insultos e ameazas, José Ramón Yáñez afirma ser el o agredido.
Denuncias
O enfrontamento pasou das palabras ós feitos con danos en varios vehículos que provocaron un cruce de denuncias entre os dous implicados.
Mediación
Dende a Asociación Galega de Mariscadoras emitiron un comunicado de apoio ás traballadoras presuntamente agraviadas. Piden a mediación da xunta xeral da confraría e da Consellería do Mar para evitar que se repitan estes feitos garantindo a transparencia e democracia a nivel interno.
Pola súa banda, dende a directiva do pósito rexeitaron pronunciarse sobre este conflicto que consideran de carácter persoal aínda que si expresaron o seu respaldo ó labor realizado ata o momento por Yáñez como vicepresidente.
Redacción Barbanza