O alcalde de Boiro aposta pola rexeneración do monte queimado

    rexeneracionmontequeimado.jpg BOIRO> O edil di que é necesaria para evitar que as chuvias do inverno arrastren as cinzas ó mar prexudicando ós bancos marisqueiros do litoral.

    A piques de rematar o mes de agosto e superada a peor parte da tempada de incendios cómpre tomar medidas para evitar o deterioro da superficie queimada.  As chuvias caídas foron recibidas con alivio no concello de Boiro. Supoñen unha boa nova posto que humedecen o terreo e reducen o risco de incendio forestal, evitando que se produzan lumes como os que asolaron os montes de Cures a pasada semana, que se suman o triste ránking dos peores incendios acontecidos este ano en Galicia.
     
    {flowplayer}barbanza/rexeneracionmonteincendio.flv{/flowplayer}
     
    Agora, unha vez arrasado o terreo compre tomar medidas para evitar consecuencias negativas unha vez chegada a tempada de chuvias, tal e como aconteceu tralo verán de 2006. Daquela, a falta de vexetación no monte provocou graves riadas que arrastraron cinzas ata o mar, danando mesmo os bancos marisqueiros. Para evitar que a situación se repita, o alcalde de Boiro aposta pola urxente rexeneración das máis de cincocentas hectáreas que foron pasto das lapas.
     
    Reunión cos comuneiros
     
    Da necesidade de rexenerar a superficie queimada e poñer en valor os montes con actuacións preventivas o concello xa ten mantido conversas co Conselleiro de Presidencia e o propio presidente da Xunta. Ademais reuniranse nos próximos días coas comunidades de montes, gandeiros e demais afectados para contificar os danos causados polos lumes nun monte que é preciso poñer en valor.
     
    Redacción Barbanza