![]()
PONTEVEDRA> Esta mañá comezou o xuízo polo accidente ferroviario que se cobrou tres vidas nun paso a nivel de Valga.
{flowplayer}images/salnes/XUIZO_TREN_VALGA.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Esta mañá comezou o xuízo polo accidente ferroviario que se cobrou tres vidas nun paso a nivel de Valga. O maquinista recoñeceu que cometeu un erro humano ó confundir as cores do semáforo do paso a nivel, que nese momento indicaban paso desprotexido.
Visiblemente afectado, o maquinista Miguel García relatou os feitos ocorridos o pasado 25 de abril de 2007. Asegurou que conducía o tren en tensión xa que a máquina rexistrara un faio no chamado dispositivo de home morto. Afirmou que cando chegou ás inmediacións do paso a nivel de Campaña, veu unha sinal branca que significa que o paso está asegurado.
Sen embargo, sinalou que despois de ver os informes dos peritos cre que a sinal debía estar apagada e a barreira aberta. Describiu que unha vez pasada pola baliza de seguridade, comezou a pitar unha sinal na cabina, pero que, por un acto reflexo pulsou o botón de eficacia. En caso de non presionalo, o tren se pararía só.
Miguel García explicou á xuíza que ese paso a nivel tiña unha pésima visibilidade por culpa da maleza, e que en caso de faio, nin el nin o condutor do auto podían reaccionar con tempo. Un problema que ratificaron varias testemuñas e peritos. Segundo informaron os peritos, a este faio humano súmase un erro técnico, xa que existía unha avaría no pedal de rearme do tren anterior, polo que se accionou o rearme por tempo superior de espera. Durante o funcionamento deste mecanismo, non recoñece a sinal do tren que vai entrar na zona. En varias ocasións os veciños xa denunciaran o mal funcionamento das barreiras dese paso, que se estropeaba cada vez que había tormenta.
Durante a súa intervención o acusado pediu desculpas á familia. A acusación solicita 3 anos de prisión e 5 de inhabilitación e o Ministerio Público unha indemnización de 540.000 euros. A defensa pide a súa libre absolución. O xuízo está visto para sentencia.
Redacción Salnés








