![]()
VILANOVA> O edil de comercio, Javier Tourís, reta ós comerciantes do Salnés a presentar un contencioso para frear as obras do centro comercial.
{flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_VILANOVA_CONSORCIO.flv{/flowplayer}
Como era de agardar, a nova de que o consorcio do Comercio do Salnés presentará un contencioso administrativo en contra da área comercial de Deiro entrou directamente na axenda de temas a tratar polo alcalde de Vilanova. Pero antes, Gonzalo Durán quixo aclarar unhas declaracións do presidente do Consorcio, Marcos González, recollidas na prensa, nas que se daba a entender que a Xunta ía subvencionar a liña de autobuses solicitada pola empresa responsable da macroárea para que conectar a superficie cos concellos da comarca. Nada máis lonxe da realidade.
Pero Durán tamén carga contra o candidato socialista a arrebatarlle o posto na alcaldía: Jorge María López. Cualifícao de ‘analfabeto funcional’, ó igual que MArcos González, por estar realizando entre os comerciantes do municipio unha enquisa sobre este servizo de transporte.
No tocante ó procedemento xudicial que o consorcio pretende iniciar contra o centro comercial, desde o executivo Vilanovés retan ós comerciantes asociados a que presenten o contencioso para parar as obras, e non contra a tramitación urbanística. Non o fan así, segundo o edil de comercio Javier Tourís, porque para solicitar a paralización dos traballos precisarían presentar un aval de entre 20 e 25 millóns de euros como posible indemnización á promotora polo tempo que estean paradas as obras. Tourís conclúe engadindo que o Consorcio ten ‘un 90 por cento de posibilidades de perder e un 10 por cento de facer o tonto’.
Redacción Salnés








