Mar recorrerá o cambio no método de detección de toxinas da UE

    SANTIAGO> A Consellería do Mar está a traballar desde o seu gabinete xurídico para conquerir a mellor fórmula para recorrer o cambio…

    {flowplayer}images/salnes/mar_bruxelas.flv{/flowplayer}

     … de método de detección de biotoxinas ante a Unión Europea. Rosa Quintana vela así polos intereses do sector miticultor galego, ante a imposición do método de análise químico das biotoxinas, fronte ó anterior do bioensaio. A titular deste departamento, Rosa Quintana, asegura que o novo método químico vai a prexudicar ó sector mexilloeiro galego sen levar parella, necesariamente, unha mellora das garantías sanitarias para os consumidores. Na xuntanza desta mañá, a responsable de Mar adiantou tamén outro tema que está na axenda desta Consellería; a procura dunha fórmula que garanta a trazabilidade dos productos galegos.

    Estas declaracións de Quintana prodúcense un día despois da xuntanza de traballo mantida cos representantes do arrastre galego. Con eles comparte a súa preocupación pola drástica reducción de cotas e TAC´s das especies que traballan estas embarcacións, moitas delas, unhas 20, con base en Ribeira.

    A Conselleira lamentou a caída de máis do 15 % dos TAC´s de distintos segmentos da frota e de ata o 93 % en especies como o lirio. Entre as primeiras medidas que van a solicitar, sobrancea a necesidade de diferenciar, nesta última especie, o stock destinado á zona norte penínsular, onde a meirande parte deste peixe se dedica á producción de fariña para alimentación; da zona Sur, onde o lirio é un peixe ben prezado para o seu consumo humano. Todos estes puntos servirán á Conselleira en Europa a reivindicar a importancia de Galicia en tódolos eidos, á hora de ser tida en conta na próxima reforma da Política Pesqueira Común.

    Redacción Salnés