Melloran as estatísticas de atención do Hospital do Salnés

    O SALNÉS> A Consellería de Sanidade conta desde hoxe ca redacción do proxecto de remodelación da segunda fase das obras de ampliación

    {flowplayer}images/salnes/balance_hospital_salnes.flv{/flowplayer}

    … do Hospital do Salnés; un proxecto que conta cun notable atraso, posto que xa o ano pasado había consignada unha partida para él de un millón de euros.

    Agora que xa contan cos planos, poderá comezarse o proceso de licitación e execución do servicio de urxencias e dos quirófanos; onde se mellorará a capacidade dos boxes desdobrados, permitindo atender ata o triple das urxencias que arestora. Precisamente hoxe coñecemos algúns datos estatísticos sobre a mellora do funcionamento desde centro sanitario; durante o ano pasado reduciuse o tempo de espera para cirurxía ata os 45 días, fronte ós 9 días para os doentes cualificados de prioridade unha.

    Durante o 2010 atendéronse neste Hospital algo máis de 86.700 consultas para as que houbo que agardar uns 47 días tras solicitar a cita; sendo 16 días nos casos preferentes. Asemade, o rendemento dos quirófanos aumentou case 2 tantos porcentuais, ata chegar o 78.28 %. Uns datos que, aínda mellores que en anos anteriores, aínda lles queda moito que mellorar para achegar unha asistencia satisfactoria ós usuarios.

    Redacción Salnés