GALICIA> A Xunta insiste en reclamar ó goberno central o envío de material de protección. O vicepresidente do executivo galego di que chegaron á nosa comunidade 85.000 máscaras dende que comezou a crise, unha cantidade que consideran insuficiente. Hoxe, por certo, comezou a repartir equipos de protección entre os concellos, en colaboración coa Fegamp.
A Xunta segue reclamando máis equipos de protección para Galicia. Hoxe chegaron á comunidade 58.000 máscaras máis, co que son xa 85.000 entregadas dende o inicio da crise do coronavirus. Con todo, o executivo galego insiste en que non chegan.
Esta mañá, Rueda mantivo unha videoconferencia dende a sede do 112 na Estrada cos delegados territorias para informar que nos vindeiros días van repartir entre os concellos material de protección, grazas á colaboración coa Fegamp.
Ademais, a Xunta tamén vai despregar brigadas de Medio Rural para desinfectar exteriores de centros sanitarios e residencias situados en concellos de menos de 5.000 habitantes.