Cinco empresas aspiran a facerse coa rehabilitación das Casas Modernistas da Illa

153

A ILLA> Cinco empresas aspiran a facerse co proxecto de rehabilitación das Casas Modernistas da Illa de Arousa. O vindeiro luns vaise convoca-la mesa de contratación que  desembocará na adxudicación dos traballos. As obras comezarán en agosto.

O proxecto  de rehabilitación das Casas Modernistas da Illa de Arousa cada vez está máis preto de ser unha realidade. O vindeiro luns vaise convoca-la mesa de contratación que se encargue de escolle-la empresa que asuma os traballos. Hai cinco empresas, tres en solitario e dúas en UTE, que aspiran a facerse con este proxecto estrela desta lexislatura na localidade insular. Unha vez rematada esa análise, habería que convocar de novo a mesa de contratación para converter en definitiva a adxudicación provisional. Esa proposta deberá ser ratificada despois polo pleno da Corporación. Así que os traballos comezarían no mes de agosto. O rexedor insular celebra que despois de moitos atrancos, o proxecto estea a piques de materializarse.

O proxecto de transformación das casas en espazos culturais ten un orzamento de 2.600.000 euros.