![]()
BARBANZA> Segundo os nacionalistas trátase dunha medida posta en marcha pola Xunta cun claro afán recadatorio que vai en contra ademais dun sector produtivo básico para a economía galega.
{flowplayer}barbanza/bngcanonbateas.flv{/flowplayer}
O deputado do BNG, Bieito Lobeira, denunciou en Ribeira o incremento brutal que se está a dar no canon que cada propietario debe pagar pola renovación da súa concesión de batea. Segundo el, dos aproximadamente 150 euros que se viñan aboando ata o de agora, pásase a cantidades intolerables que oscilan entre os oito mil e os quince mil euros.
Grave crise
Esta situación vén a producirse ademais, segundo o propio Lobeira, nun momento especialmente complicado para o sector mexilloeiro, que está atrevesando unha profunda crise pola entrada de mexillón de fóra.
Redacción Barbanza







