‘A reforma das pensións vai contra os intereses da poboación’

    fotofolgacopia.jpgVILAGARCÍA> A Cig continúa a levar a cabo os preparativos para a folga xeral que teñen convocada para este xoves día 27.

    {flowplayer}images/salnes/PreparativosFolgaCig.flv{/flowplayer}

     Esta mañá o secretario comarcal do BNG Xosé Antonio Allegue compareceu xunto co secretario da Cig no Salnés Xoan Xosé Bouzas, para mostrar o seu apoio á folga.

    A falta de dous días para a folga xeral convocada pola Cig o seu secretario comarcal quixo deixar claro que o obxectivo do sindicato é activar á cidadanía para que se manifeste ante o que consideran unha reforma inxustificada e indefendible.

    O secretario comarcal do BNG, Xosé Antonio Allegue ve nesta reforma unha maneira de favorecer á banca pois ó poñer en perigo as pensións públicas a única saída para moitos cidadáns serán os plans de pensións privados.

    Tanto un como outro quixeron recordar tamén que as pensións en Galicia son máis baixas que no resto do territorio español polo que a reforma terá unhas consecuencias aínda peores. Ademais por sectores afectará máis a todos aqueles que se atopan na actualidade en situacións precarias.

    Para eles a reforma non fará senón afondar nas desigualdades sociais da poboación e non axudará nin moito menos a saír da crise.

    Ademais da folga está convocada unha manifestación que sairá o mesmo día, o xoves 27 ás 12 da mañá da casa do Mar de Vilagarcía.

    Redacción Salnés