Primeiro paso para a humanización do casco urbano do Son

     PORTO DO SON>  A reforma das rúas Roda e Atalaia, financiada nun oitenta por cento pola Deputación da Coruña, supón o primeiro paso dun amplo proxecto para a recuperación da antiga alameda do Son.

    {flowplayer}barbanza/humanizacionruasportodoson.flv{/flowplayer}
     
    A Deputación da Coruña licitará proximamente esta actuación, presupostada en 375 mil euros dos que o concello achegará o vinte por cento. Se a tramitación segue os pasos previstos tralo verán darán comezo os traballos que suporán a renovación do centro da vila.
     
    En primeiro lugar, reordenarase o tráfico rodado dotando á rúa Roda dunha única dirección. Procederase tamén á renovación de tódalas redes, saneamento, alumeado, tendido eléctrico e mesmo implantaranse novos servizos como a fibra óptica.
     
    O proxecto contempla ademais a renovación do pavimento con lousas de granito en combinación con outros materiais e a instalación de mobiliario urbano homoxéneo en toda a contorna.
     
    Proxecto integral
     
    Tras esta actuación inicial, o concello está a estudar outra intervención na rúa Avellaneda como parte dun proxecto integral para humanizar o centro da vila.
     
    Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, poderían dar comezo en setembro.
     
    Redacción Barbanza