Ana Peleteiro proclámase Campioa de España en pista cuberta

BARBANZA> Ana Peleteiro proclamouse campioa de España de Triple Salto no Campionato de Pista Cuberta celebrado esta fin de semana. A atleta ribeirense quedou lonxe de facer marca persoal. Con molestias nun xeonllo, preferiu non arriscar para chegar en plenas condicións ós Xogos Olímpicos de Tokio.

Partía como favorita e non decepcionou. Ana Peleteiro fíxose co ouro no Campionato de España de Pista Cuberta celebrado esta fin de semana en Ourense. Foi este salto de 13,90 o que lle deu o título de campioa de España.

Aínda que non fixo marca persoal, este triunfo é moito máis especial para Ana, por competir na casa e sentir o calor da xente.

A partir de agora, e trala suspensión do Mundial por mor do Coronavirus, Ana Peleteiro estará centrada na súa carreira cara Tokio onde conta con serias opcións para conseguir medalla olímpica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí