A AECC de Boiro e o Concello retoman a andaina solidaria

BOIRO> Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición da andaina solidaria ‘Boiro, en marcha contra o cancro’. Unha actividade que nos últimos anos deixou de celebrarse a consecuencia da covid, pero que agora se retoma con forzas.

A data elixida para a celebración da proba é o domingo 23 de outubro con saída ás once da mañá dende a Praza de Galicia.

A andaina constará dun percorrido duns cinco quilómetros, cun percorrido asequible, para que toda a xente que o desexe poida participar.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse na Oficina de Turismo de Boiro, na Farmacia Ortopedia Ana Torrente, na Galería Sargadelos, e en Modas Naty, así como tamén nas distintas mesas que a Asociación Española Contra o Cancro instalará os martes e os sábados na rúa peonil.

O prezo da inscrición é de 5 euros para adultos e de 3 para os nenos ata 12 anos. Tódolos beneficios recadados irán a parar integramente á asociación para a loita contra a enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí