Constituída oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia

    NOIA> Este xoves constituíuse oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia. Representantes da Garda Civil e da Policía Local e Autonómica mantiveron unha xuntanza co alcalde e co subdelegado do goberno en Galicia para mellorar a coordinación entre os distintos corpos. A consititución da Xunta Local de Seguridade facilitará a coordinación entre as distintas forzas de seguridade no deseño de eventos e actividades previstas ó longo de todo o exercicio. Tamén se analizarán os índices de criminalidade no municipio e se avaliarán as medidas máis efectivas para garantir a seguridade cidadá. Tras esta xuntanza constituínte, a xunta reunirase de xeito semestral para facer un seguimento da situación no concello.