![]()
MUROS> O Director Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar inaugurou o futuro Museo do Mar e Escola de Actividades Náuticas.
{flowplayer}barbanza/inauguracionmuseomarmuros.flv{/flowplayer}
Coa posta en valor deste recinto, onde se emprazaba a antiga fábrica conserveira de Sel, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño dá un paso máis na recuperación e conservación do patrimonio histórico ubicado no dominio público marítimo terrestre.
Investimento millonario
A actuación, na que se investiron 2’8 millóns de euros, consistiu na rehabilitación dos catro edificios do recinto, tres destinados á escola de usos náuticos e outro a museo biblioteca. Procedeuse ademais a conectar os inmobles entre si e co paseo marítimo a través dunha pasarela con cuberta.
A rehabilitación da antiga fábrica supón o final dun longo proceso iniciado hai máis dun lustro cando pasou a titularidade pública tralo vencemento da concesión.
Agora tan só resta equipala e dotala de contidos para os seus novos usos, reto que deberá asumir a corporación resultante das vindeiras eleccións.
Redacción Barbanza








