NOIA> Mariscadores de Noia denuncian os malos resultados da presente campaña que atribúen á mala xestión da xunta directiva. Por esta razón piden a convocatoria urxente de eleccións.
{flowplayer}barbanza/mariscadorescriticosnoiaconvocatoriaeleccions.flv{/flowplayer}
Mariscadores críticos integrados no sector opositor da confraría de Noia denuncian a escasa rendibilidade da actividade marisqueira que non lles dá nin para cubrir gastos. Malia que os prezos son bastante bos non hai capturas polo que de pouco serven as boas cotizacións.
Neste sentido, responsabilizan a actual directiva da mala marcha da campaña poñendo en cuestións algunhas decisións que non comparten como o peche temporal da actividade tralo Nadal ou as zonas en que se está a traballar
Pola contra, o patrón maior insiste no acertado da decisión á vista da recuperación dos prezos conseguida e da redución da mortaldade ocasionada polas ríadas.
Maior transparencia
A principal reivindicación deste sector é que se teña en conta a opinión dos traballadores a través da celebración de asembleas, algo que din na actualidade non acontece.
Tamén demandan unha maior transparencia e información por parte do cabildo. Entre as reinvindicación esixen que se fagan públicas as contas da confraría e que se informe sobre a actividade do criadeiro de semente.
Consideran que é o momento de convocar eleccións para que os socios poidan decidir. O patrón maior, Santiago Cruz, saíu ó paso destas acusacións lembrando que é competencia da Xunta a convocatoria de eleccións.Acusa ós opositores de tentar calumniar á directiva da que defende unha xestión transparente e responsable coa que se conseguiu saldar a débeda e aumentar o patrimonio do pósito.
Redacción Barbanza