RIBEIRA> Esta mañá presentábase no Concello a quinta edición do Festival Nacional de música e baile tradicional ‘Tahume entre Folclores’ que terá lugar este vindeiro sábado 25 de xuño.
A actividade arrancará ás nove e media da noite na praza do Concello. Actuarán a Asociación Cultural Nós de Sobradelo, de Vilagarcía de Arousa, o Grupo folclórico Los Chachipés de El Escorial, en Madrid, e o grupo anfitrión Tahume.
O grupo Tahume, organizador do evento, recupera este festival despois de dous anos de pandemia.
A actividade, organizada no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes que promove o departamento de Cultura, será de balde.
En caso de chuvia o Concello estudará a posibilidade de buscar un recinto pechado para poder celebrar a actuación.