“Mirar conTacto” chega ao Museo de Pontevedra

Pontevedra> Esta mañá o Sexto Edificio acolleu a inauguración da exposición Mirar con tacto, pintura para discapacidade visual. Unha mostra que chega a Pontevedra grazas á Fundación María José Jove a Obra Social La Caixa. Trátase dun proxecto que ten como fin promover a inclusión social das persoas con déficit visual. 

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra e o deputado encargado da área de Cultura asistiron esta mañá a inauguración da exposición itinerante Mirar con tacto, pintura para discapacidade visual. Unha mostra que chega ao Sexto edificio grazas a Fundación María José Jove e a Obra Social La Caixa. 

Dende a Obras Social La Caixa expuxeron esta mañá que un dos obxectivos que perseguen é o de promover a igualdade de oportunidades especialmente entre os colectivos con necesidades especiais. 

Pola súa banda, Felipa Jove, lembrou que aínda que pareza incrible hai dous anos que unha persoa con deficit visual non tiña oferta cultural estable no campo das artes. 

Tras o seu paso por Vilalba, Monforte de Lemos e o Carballiño, Mirar conTacto, pintura para discapacidade Visual poderá verse no Museo de Pontevedra dende hoxe e ata o vindeiro 19 de marzo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/expo_contacto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/09/expo_contacto.mp4{/flowplayer}