‘Estamos nun proceso de reflexión para acadar o mellor candidato’

    tania_garcia_pleno_abertocopy.jpgVILAGARCÍA> Así o confesou a secretaria local do partido, Tania García. Confesou que a vindeira semana presentarán a candidatura.

    {flowplayer}images/salnes/TANIA_PLENO.flv{/flowplayer}

    O pasado luns, como cada semana, o partido socialista de Vilagarcía mantivo a súa xuntanza ordinaria. Un encontro que se centrou, tal e coma confesou onte a secretaria local do partido e edil de Urbanismo, Tania García ó programa desta casa Pleno Aberto, na busca do mellor candidato cara ós comicios do 22 de maio. Para iso, din, están nun proceso de reflexión e debate de xeito que obteñan un candidato de consenso.

    Pero desde a dimisión de Carlos Guerrero á verdade que xa son varios os nomes que se barallan coma posible candidato. Neste senso, Tania García, sinalou que tanto Jesús Paz o coma Modesto Pose son persoas preparadas para o posto mentres que con respecto a Javier Gago dixo que nin el mesmo pensou en volver á política local.

    Ademais, destes nomes o seu propio tamén soa entre os vilagarciáns. Aínda que non están nada decidido, a actual edil de urbanismo confesou que está á disposición do partido.

    Por último, García quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade ós veciños de Vilagarcía.

    Redacción Salnés