Recepción oficial no concello ó loitador Iván Parada

RIBEIRA> O deportista do Club Kempo Barbanza quedou finalista no Campionato do Mundo de Kickboxing celebrado recentemente en Miami. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, recibiu este mediodía no salón de plenos do concello ó loitador e adestrador do Club Kempo Barbanza, Iván Parada, finalista no campionato mundial de World Kickboxing League celebrado recentemente en Miami baixo a organización da North American Sport Karate Association, considerado un dos torneos máis prestixiosos do mundo. No acto o deportista ribeirense estivo acompañado de parte da directiva do club e tamén da súa familia. O rexedor destacou o importante logro conseguido neste certame internacional, ó tempo que loou tamén o traballo que o Club Kempo, ó que pertence, está a realizar tamén a nivel de escola deportivas municipais, algo que segundo el hai que valorar tanto ou máis que os éxitos deportivos. Durante o acto Iván Parada recibiu de mans do alcalde un obsequio institucional en recoñecemento dos logros acadados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí