LOUSAME> Lousame prepara a segunda edición da carreira popular ‘Pilar Barreiro Senra’ que terá lugar o próximo domingo dezasete de abril. A proba, organizada polo concello, márcase este ano como reto superar os cincocentos participantes sumando tódalas categorías. Terá un percorrido de dez quilómetros na súa categoría absoluta, e será puntuable para o circuíto Correr en Galicia. O prazo de inscrición estará aberto ata o martes doce de abril a través da páxina web www.emesports.es.
Inicio Deportes