Ribeira ofertará este inverno un total de seis escolas deportivas

RIBEIRA> O número de actividades veuse reducida a anos anteriores a consecuencia covid. No seu desenvolvemento adoptaranse as medidas impostas na normativa vixente en materia de protección.

En total serán seis as actividades ofertadas: ximnasia mantemento, patinaxe, padel, tenis, atletismo e duatlón. O prazo de inscrición abrirá este próximo luns e prolongarase ata o 2 de outubro. Este período será unicamente para aqueles usuarios que xa participaron na pasada edición que se veu condicionada pola covid. Aquelas persoas que se inscriban por primeira vez deberán agardar ata o día 16.

Ambas inscricións deberán realizarse de xeito presencial a través das oficinas de atención ó cidadán, nos baixos da casa consistorial ou de xeito telemático na web municipal.

Para calquera dúbida ou obter máis información os interesados poden dirixirse á oficina de Deportes, na Fieiteira, a través do teléfono 981-87 36 46 ou no correo electrónico deportes@ribeira.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí