O BNG vilagarcián presenta os seus 10 primeiros postos da lista

    VILAGARCIA> O BNG de Vilagarcía deu a coñecer hoxe os 10 primeiros postos da lista ca que vai a concorrer ás eleccións municipais do 22 de Maio.

    {flowplayer}images/salnes/bng_vila.flv{/flowplayer}

    O seu candidato á alcaldía e actual tenente de alcalde neste Concello, Xosé Castro Ratón, foi o encargado de presentar a súa lista cremalleira, co respaldo da executiva comarcal. Na lista presentada encontramos caras ben coñecidas da vida política e social vilagarciá como o de Ana Lorenzo, Xurxo Abuín ou Xabier Ríos, con nomes que prometen no eido nacionalista como María Villaronga, Helena Mariño, Anxo Luna, Covadonga García-Torriello, Daniel Abad e Ana Agrelo.

    Esta relación de nomes, responde a unha decisión democrática interna e unánime no seo da formación frentista; que ve na súa política municipal dos últimos catro anos o seu principal aval para os vindeiros comicios.

    Castro Ratón non quixo falar das futuras relacións do BNG cos outros partidos despois das eleccións, aínda que si adiantou a súa intención de seguir dialogando e negociando de xeito permanente, cos demais grupos da oposición. Ó igual que os socialistas, prometeu unha contenda electoral limpa no eido moral.

    Redacción Salnés