PP: “O PSdeG non ten posibilidades de presidir a Deputación”

    O SALNÉS> O Secretario Xeral do Partido Popular na Provincia de Pontevedra, José Juán Durán ven de contestar ás declaracións feitas onte polo seu homónimo…

    {flowplayer}images/salnes/contestacion_pp.flv{/flowplayer}

     … socialista, Modesto Pose Mesura. O tamén vicepresidente da Deputación non cre, nin de lonxe, que o PSOE sexa quen de acadar a presidencia deste ente provincial nas vindeiras eleccións de maio.

    Durán pide seriedade á Pose Mesura, o que pensan que está sobrepasado pola situación actual que vive o PSdeG en moitos concellos da provincia, como é o caso de Vilagarcía, onde coidan que se tivo que presentar el como alcaldable obrigado, porque non lle quedaba outra. Pola súa banda, ós populares aseguran que só lles falta designa a uns 8 alcaldables dos 62 desta provincia polo seu partido; e que na comarca do Salnés xa está todo pechado, só fallan ás presentacións. Desde o PP tamén contan cas súas propias sondaxes, que como adoita ocorrer nestes casos, non só non concordan cas da oposición senón que ás contradín.

    No tocante ós ataques dos socialistas á forte inversión que se estivo a facer nos últimos anos pola Deputación Pontevedresa en campos de herba artificiais cando hai outras necesidades perentorias, Durán xustificou as mesmas asegurando que non se trata só de infraestructuras deportivas, senón da base para que os nenos e nenas desta provincia medren educados en torno á didáctica do deporte e do traballo en equipo. Amais apunta, que o proxecto tan malo non será cando ven de ser copiado pola Deputación Coruñesa,en mans dos socialistas, e nel colaboraron multitude de Concellos de toda franxa atlántica independentemente da súa cor política.

    Redacción Salnés