O CN Portonovo mellora o control da contaminación do porto

    SANXENXO> O Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa fixo entrega ó Náutico deste material.

    {flowplayer}images/salnes/ContaminacionNautico_310712.flv{/flowplayer} 

    Gracias a un estudo realizado o pasado ano en tódolos portos da provincia de Pontevedra puidéronse detectar certas deficiencias que a nivel medioambiental presentaban algúns destes.

    Con tal motivo a Deputación sufragou os custes destes dous equipos que traballarán para manter limpas as augas do Náutico de Portonovo. Unha axuda enmarcada dentro do Proxecto Nea 2, que pretende converter o espacio mariño atlántico en foco de excelencia.

    O Náutico de Portonovo recibíu por unha banda un kit anticontaminación que evitará o derrame de hidrocarburos e absorberá os aceites que deixan as embarcacións.O outro equipo de limpeza estará colocado no porto para que o utilicen os seus usuarios como punto de descarga tanto das fosas sépticas como das demais sustancias de refugallo.

    Javier Ruíz de Cortázar amosouse satisfeito por contar con esta nova maquinaria que permitirá ó porto manter a súa bandeira azul e a Q de calidade.

    O Náutico está pendente de recibir agora unha grúa para mellorar o acceso e o traslados dos minusválidos dos pantaláns ós barcos.

    Redacción Salnés