Os Reis Magos percorren as Rías Baixas

MEIS> Os Reis Magos percorren as Rías Baixas. Por suposto, fixeron parada en tódolos concellos da comarca do Salnés. Xa dende primeira hora da mañá estiveron a percorre-los distintos municipios. No de Meis, por exemplo, fixeron a súa entrada triunfal esta mañá no Mosteiro. Alí agardaban ducias de nenos ansiosos de poder coñecer as Súas Maxestades e pedirlles os seus agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos con tódolos honores na comarca do Salnés. As Súas Maxestades visitaron o concello de Meis xa está mañá, onde foron recibidos por ducias de nenos e nenas.

Escoltados pola Banda Escola de Música cultual de Meis, os tres de Oriente atravesaron a praza da feira, dende a Casa de Escudeiro ata o Mercado de Abastos.

Os Reis Magos recoñecían hoxe a súa ledicia porque, segundo nos contaron, a rapazada de Meis portouse de marabilla este ano.

Así que a rapazada non perdeu a ocasión de trasladarlle aos Reis as súas peticións. Outros recoñecen que apuntaron moi alto nas súas peticións e que, se cadra, as súas maxestades acaban traendo outra cousa. E claro, con  tantas peticións os Reis enfróntase hoxe á súa noite máis longa.

A diferencia da de 2022, a recepción dos Reis celebrouse este ano con total normalidade.

A xornada en Meis incluíu tamén animación musical a cargo de Javi Solla e unhas pompeiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí