O PP esixe un plan de saneamento económico municipal urxente

    VILAGARCIA> O Partido Popular de Vilagarcía asegura que o Concello está ó borde da quebra económica; tal e como aseguran que se testemuñou no…

    {flowplayer}images/salnes/pp_vila.flv{/flowplayer}

     … pleno do pasado xoves nas respostas ás súas interpelacións. Segundo o seu voceiro, Tomás Fole, durante os últimos case catro anos, cada concellería foi un furado negro onde se gastaba sen control, o que levou á situación actual de endebedamento; que se agravou pola falla dun orzamento oficial aprobado en pleno nos últimos anos.

    A irresponsabilidade por igual dos dous membros do goberno bipartito vilagarcián derivou na actual situación económica na que cada ano o déficit e o endebedamento é maior; o que provoca a perda de inversións, a imposibilidade de recorrer á máis operacións crediticias e á paralización de obras como as incluídas no Plan Arousa 21 ou ás actuais da rúa Castelao.

    Ante este panorama, desde o PP piden a PSOE e BNG que no canto de adicarse de cheo á carreira electoral, atallen canto antes esta situación económica municipal. E como puntiña, o PP manifestou a súa inquietude pola premura que o bipartito quere imprimir ó orzamento desde ano: dubida se realmente quere solventar os problemas económicos ou se só se trata dunha ferramenta para encubrir as súas mentiras e malfeituras.

    Redacción Salnés