AFASAL conmemora o Día Mundial do Alzheimer cun gran mural solidario

    MURAL_DIA_ALZHEIMER copia.jpgVILAGARCÍA> A praza de Galicia acolleu ó longo de todo o día esta pintura na que participaron 190 nenos e pintores arousáns.

    {flowplayer}images/salnes/PINTURA_DIA_MUNDIAL_ALZHEIMER.flv{/flowplayer}

    Memoriz…arte é unha iniciativa pioneira na comarca do Salnés. A praza de Galicia acolleu este gran mural desde as dez da mañá no que participaron nenos dos colexios de A Lomba, Arealonga, Vilaxoán, o anexo de A Lomba, Rubiáns e o centro de Educación Especial, ademais de pintores arousáns.

    Para os pintores unha experiencia nova que tiveron a oportunidade de compartir cos máis cativos. Pero, segundo confesaron algúns pintores, o máis importante é que se trata dun acto solidario que ten coma finalidade recadar fondos para a asociación AFASAL.

    Pero sen dúbida o que mellor o pasaron foron os cativos dos diferentes colexios de Vilagarcía que puideron participar na pintura.

    A actividade prolongouse durante todo o día e na que tamén participaron os que se achegaron ata o lugar. O mural deuse por finalizado as cinco da tarde e a partir da sete vendeuse a pintura, na mesma praza, dividida en anacos.

    Redacción Salnés