Os socialistas do Salnés persóanse no contencioso para que Durán convoque o pleno da Mancomunidade

SALNES> Os cinco concellos socialistas do Salnés persóanse no contencioso para desbloquear a situación da mancomunidade. Vilagarcía, Cambados, O Grove, a Illa e Meis actuarán como parte na causa do recurso interposto por un particular á votación secreta de Meaño. Demandarán a anulación das medidas cautelares para permitir a constitución do novo Pleno da Mancomunidade.

O pasado 15 de Agosto rematou o prazo para que o presidente en funcións da mancomunidade do Salnés convocase o pleno de constitución. Gonzalo Durán aprazou a convocatoria debido a un recurso interposto por un particular á votación secreta de Meaño. Nun primeiro momento, os socialistas pediron ao popular que convocase o pleno pero, ao non facelo, agora os cinco concellos do Salnés gobernados polo Psoe fixeron efectivos os trámites para persoarse como parte no procedemento xudicial.

Os socialistas piden que se desestimen as medidas cautelares e poder realizar o pleno de constitución.

Os socialistas defenden que está gobernando a mancomunidade en funcións o presidente dun partido que non ten maioría no Salnés.

O aprazamento está provocando situacións curiosas como que algúns membros do ente comarcal xa non sigan en política ou outros que xa non son representantes do concello.

Se lle deu traslado como parte do procedemento aso cinco concellos e agora a xuíza resolverá se estima ou non estima esas medidas cautelares, que agardemos que non se estimen, teríanse que convocar as eleccións inmediatamente.