![]()
RIANXO> O acto principal consistiu nunha ofrenda floral ante o busto do insigne escritor rianxeiro ubicado no Paseo da Ribeira.
{flowplayer}barbanza/homenaxecastelaorianxo.flv{/flowplayer}
Un bo número de persoas asistiron onte ó mediodía ó acto organizado conxuntamente polo concello de Rianxo e a Fundación Castelao co gallo do 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Co himno do Antigo reino de Galicia interpretado polos Rosales, o rexedor rianxeiro, Pedro Piñeiro, xunto a Miguel Anxo Seixas, en representación da Fundación Castalao, foron os encargados de depositar ante o busto do insigne escritor rianxeiro dúas coroas de laurel. Despois da ofrenda o acto continuou cun turno de intervencións. O representante da Fundación Castelao, despois de desculpar a ausencia do presidente da entidade, Avelino Pousa Antelo, fixo unha loubanza do homenaxeado como pai do nacionalismo galego.
Identidade propia
Pedro Piñeiro dou lectura a un fragmento dunha das obras máis representativas de Castelao, como é o Sempre en Galiza, nas que aludía a unha das señas de identidade dos Galegos que nos fai diferente a outros pobos como é a lengua e a cultura.
Os vellos non deben de namorarse
Os actos de homenaxe a Castelao en Rianxo iniciáronse xa o sábado coa posta en escena dun clásico do autor, Os vellos non deben de namorarse a cargo da compañía Airiños de Asados, e unha charla do escritor Anxo Angueira.
Redacción Barbanza








