Rianxo en Común critica a perda dunha subvención por parte do goberno municipal

RIANXO> O actual voceiro municipal e candidato á alcaldía de Rianxo en Común, Julián Bustelo, afeou ó goberno local pola perda dunha nova subvención.

Neste caso a achega, procedente da Deputación da Coruña, por un importe de algo máis de cen mil euros, iría destinada a remodelación de varios parques infantís situados nas áreas recreativas da Torre, en Taragoña, Brión en Leiro, Buhía no Araño e Quintáns en Isorna.

Ó parecer o motivo da perda da subvención foi por non poder executar os proxectos en prazo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí