PORTO DO SON> A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños denuncia as malas prácticas levadas a cabo polos bañistas en relación co arroaz ‘Confi’, cuxa presenza na ría de Muros e Noia se está a corverter xa en habitual.
A solicitude pediuse despois dos repetidos chamamentos realizados pola entidade para que se deixe de acosar ó cetáceo, incluída a instalación de paneis na propia praia.
Dende a CEMMA sinalan que este tipo de prácticas seguen a repetirse estes días e que non só achegan un risco potencial e real para a xente das praias que quere interatuar co mamífero, senón tamén para este, porque é un animal libre e salvaxe que pode ver alterados negativamente os seus hábitos por mor dun contacto excesivo co ser humano.