A baixa temperatura da auga mantén pechada a piscina noiesa

pechepiscinanoia.jpgNOIA> A piscina municipal segue sen abrir as súas portas, malia que a empresa que a xestiona anunciou en varias ocasións a súa reapertura.

{flowplayer}barbanza/pechepiscinanoia.flv{/flowplayer}

Máis de vinte días leva a piscina de Noia pechada ó público. Unha avaría no filtro da auga foi o detonante da problemática que sufre esta instalación. A raíz disto, e tras unha inspección por parte do concello noiés, detectáronse graves deficiencias nas condicións sanitarias do vaso da piscina e problemas na instalación eléctrica.

Malia que dende a empresa que xestiona a instalación xa se anunciou en varias ocasións a apertura da piscina, na actualidade os usuarios habituais aínda non poden facer uso dela.

Segundo indicaron dende a xestora, a baixa temperatura da auga e a lentitude coa que se está a quencer impiden abrir as portas o público. A día de hoxe, a auga establécese en vinte graos, cando a normativa oficial indica que debe estar entre 25 e 29.

Dende o concello noiés confían en que a empresa esté a facer todo o preciso para rematar co peche das instalacións.  

Con todo, dende a empresa responsable da piscina, aseguraron que xa se levaron a cabo todos os arranxos precisos. Tan só resta solucionar o problema da temperatura da auga. Eso sí, non puideron indicar unha data concreta de reapertura.

Redacción Barbanza