LOUSAME> A actividade desenvolverase do 12 ó 23 de xullo en horario de mañá. As persoas interesadas xa poden realizar a preinscrición.
Dende o pasado 17 de xuño e ata o vindeiro 25 permanece aberto o prazo de preinscrición no campamento cultural ‘Verán Activo 2021’. A actividade desenvolverase do 12 ó 23 de xullo no polideportivo Pilar Barreiro en horario de nove e media da mañá a unha e media da tarde.Trátase dunha iniciativa lúdica e cultural dirixida a nenos de 6 a 14 anos.
O programa incluirá diversas actividades como poden ser obradoiros, xogos de auga ou rutas de sendeirismo, entre outras.
Como xa acontecera na edición do pasado ano, o Concello porá especial atención nas medidas de seguridade por mor da covid.
As prazas son limitadas, cun total de 50, tendo preferencia as familias do Concello. As solicitudes poden realizarse a través de BandoTicket.com.