‘Carballa’ deberá pagar 30.000 euros para evitar o cárcere

    operacion_patas copia.jpg CAMBADOS> O histórico narco de Poio é un dos oito galegos detidos na ‘Operación Patas’ por un suposto delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_PATAS.flv{/flowplayer}

    30.000 euros é a fianza que o narco Antonio Carballa Magdalena terá que abonar antes do venres para evitar o cárcere. Carballa, suposto cabecilla dunha rede de branqueo de cartos procedentes do narcotráfico, atópase polo de agora en liberdade despois de declarar durante toda a mañá ante o titular do xulgado de instrución número 2 de Cambados. Ante o maxistrado Juan Carlos Carballal, tamén prestaron hoxe declaración a muller de Carballa, María Luisa González Iglesias, a súa filla, o seu xenro, os irmáns Prado Padín e unha muller máis, que quedaron en liberdade con cargos. O oitavo dos detidos, Miguel Ángel Rodríguez, veciño de Cambados, socio de Carballa e pai dunha das imputadas, xa quedara onte en liberdade con cargos despois de prestar declaración. Todos eles estarían supostamente implicados na rede de branqueo de cartos, cuxo montante potencial acadaría os 3 millóns de euros.

    Un incremento inxustificado no patrimonio de Carballa foi o que marcou o inicio da operación hai dous meses. A partires de aí, o Servizo de Vixilancia Aduaneira investigou dúas empresas pantalla dedicadas ó sector de hidrocarburos e da construción, unha delas unha gasolineira na estrada que vai a Caldas rexentada polos irmáns Prado Padín. Durante a operación tamén foron intervidos seis solares en Sanxenxo, Cambados e Toledo, así como varios vehículos e contas bancarias, cuxo valor podería acadar os 1,8 millóns de euros.

    A operación patas continúa aberta e non se descarta que se produzan novas detencións.

    Redacción Salnés