As consecuencias da folga de transportes comézase a notar na comarca. En primeiro lugar o servizo de recollida de lixo veuse perxudicado estes días e os supermecados comezan a ter problemas de abastecemento, sobre todo no caso dos productos frescos como a carne ou a fruta. As farmacias funcionan ata o momento correctamente xa que se están respetando os servizos mínimos.
A conselleira de política territorial, María Xosé Caride, comprometeuse xa a mediar entre transportistas e cargadores para chegar a unha solución xa que a partir do lúns a folga poderíase extender a tódolo país e ser de carácter indefinido. Por outra banda a confederación de Transporte de Mercancías, principal patronal do sector, presentou na tarde de onte a ministra de Fomento as medidas que consideran necesarias para atallar a crise do sector como a total eliminación do Imposto de Actividades Económicas e a conxelación do Imposto de Hidrocarburos. Toda España está a espera do resultado destas negociacións xa que poderíase descombocar a folga do lúns.
Redacción Salnés