Aparatoso accidente vía rápida do Salnés que deixa dous feridos graves e cinco leves

A vía rápida do Salnés rexistrou un aparatoso accidente na mañá deste xoves festivo no que se viron involucrados 4 vehículos. Ao redor da media mañá un BMW X4 que conducía en sentido a Vilagarcía invadiu o carril contrario colidindo contra un Nissa Micra. A inercia do impacto fixo que o primeiro vehículo se desprazase volvendo a chocar contra un Mercedes.

O sinistro deixa dous feridos graves e cinco leves. A peor parte a levaron os ocupantes do mercedes. Unha familia de Ribadeo con dous nenos de dez e catro anos que se atopan no Salnés de vacacións. O conductor tivo que ser excarcerado e trasladado ao hospital con danos importantes nas pernas. Tamén foi trasladada ao Salnés a copiloto con molestias na cadeira. Os dous nenos que se atopaban na parte traseira, a condutora e a súa acompañante do Nissan Micra e o conductor do BMW sufriron danos leves.

O cuarto vehículo involucrado foi un Opel Astra que circulaba entre o Micra e o Mercedes e que conseguiu esquivar o accidente. O coche recibiu varios danos debido ao impacto das pezas desprendidas dos outros vehículos. Autos que quedaron practicamente sinistrados. Un susto importante no inicio da ponte de Semana Santa que por sorte non deixa vítimas mortais.