‘Os terreos de O Revel e O Cruceiro están dispoñibles desde o 2007’

    ALCALDESA_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> Así o sinalou a alcaldesa ante a pregunta dos socialistas sobre o estado no que se atopa o proxecto de construción de novas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Cun salón de actos abarrotado de veciños. Así de desenvolveu onte o pleno da corporación municipal do concello de Sanxenxo que se prolongou durante máis de tres horas.

    O punto que xerou máis polémica foi a pregunta do partido socialista polo que solicitaba información sobre o estado no que se atopa o proxecto de construción de novas instalacións nos colexios de O Revel, en Vilalonga e no de O Cruceiro, en Dorrón. A alcaldesa, Catalina González, informou que os terreos xa está a disposición da Xunta de Galicia desde o ano 2007.

    A negativa da alcaldesa a que a voceira do PSOE respondese, desencadeou o malestar na maioría dos asistentes a esta sesión plenario. Unha actitude que Dulcinea Aguín valorou coma unha falta de respecto.

    Catalina González rematou dicindo que foi por culpa da xestión do bipartito polo que se retrasaron dous anos.

    Pola súa banda, os socialistas lembraron que a Dirección de Relacións Institucionais e Parlamentarias do Parlamento de Galicia deu como resposta no mes de decembro que non se redactaron os proxectos porque o concello non puxera a disposición os terreos.

    Entre outros puntos aprobaron a desestimación do recurso interposto pola inmobiliaria Proinova ó acordo plenario do 29 de outubro.

     Pleno Grove

    No pleno que se celebrou onte no concello de O Grove, a corporación municipal deu luz verde á compra dos terreos que permitirán ubicar a nova estación depuradora de augas residuais.

    Esquerda Unida deu o seu voto a favor desta adquisición. Pola súa banda, tanto o partido popular como Alternativa Meca abstivéronse da votación. Aida Filgueira destacou a necesidade de solicitar á Xunta de Galicia a autorización para proceder á urxente ocupación dos terreos.

    Esta operación incluíuse na orde do día grazas ó crédito de 1,5 millóns de euros que o ente local pediu a finais de 2010, co apoio de Alternativa Meca e Esquerda Unida.

    Redacción Salnés