Mar reduce de 21 a 6 os permex prometidos a Lazareto

    bibiana copia100.jpgVILAGARCÍA> A asociación retomará as mobilizacións para presionar á Xunta a que cumpra os seus compromisos.

    {flowplayer}images/salnes/PERMEX_LAZARETO.flv{/flowplayer}

    Seis permisos de marisqueo durante o 2011 e outros 10 para o 2012, é o novo compromiso asumido onte pola Consellería do Mar ante as mariscadoras de Lazareto. Dende o pasado mes de agosto e despois de dous anos de loita, o colectivo estaba á espera da concesión dun total de 21 permex, correspondentes a un plan piloto na zona da Fangueira, en Carril.

    Sen embargo, para as mariscadoras de Lazareto, a supresión deste Plan Piloto na zona da Fangueira estaría provocado pola oposición da Confraría de Carril, cuxos socios financiaran a construción do banco, actualmente en desuso. No seu lugar, a consellería propuxo unha nova zona: Pedra do Pico.

    Ante a nova situación, as traballadoras non descartan retomar as mobilizacións.

    Os seis permex que a consellería comprometeu para este ano, son prazas que quedarán libres trala xubilación de membros da agrupación. Dende a Xunta non puxeron data á incorporación das mariscadoras ós novos postos.

    Redacción Salnés