Destapan presuntas irregularidades nas pólizas de deceso de Ocaso

    practicasabusivassegurosribeira.jpgRIBEIRA> Unha corretaxe de seguros vén de denunciar as prácticas abusivas por parte dunha aseguradora cos titulares dunha carteira de pólizas de deceso.

    {flowplayer}barbanza/practicasabusivassegurosribeira.flv{/flowplayer}

    Os clientes afectados contrataron no seu día unha póliza de deceso coa aseguradora alemá AM. Nos noventa esta carteira de seguros foi cedida á empresa Zurich e nos 2009 esta compañía realizou a cesión a Seguros Ocaso.

    Cando na corretaxe Sampedro y Tato de Ribeira recibiron a primeira carteira de recibos en decembro dese mesmo ano detectaron unha serie de irregularidades como a existencia de pólizas a nome de persoas falecidas, modificacións nas condicións do contrato, subas nas cotas, ou recibos cobrados por duplicado.

    Daquela xa puxeran os feitos en coñecemento da Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía, que iniciou varios expedientes ó respecto. A situación tornouse aínda máis grave nos últimos meses cando varios dos clientes recibiron na súa casa a visita de representantes da compañía requiríndolles os seus datos bancarios baixo a ameaza de rescindirlles o contrato.

    Denuncias

    Ata o momento, os afectados xa teñen presentado máis de trinta denuncias nos xulgados de Ribeira. Ademais da responsabilidade penal, a aseguradora enfróntase a unha sanción non só económica senón que podería derivar na revogación da autorización administrativa.

    As denuncias realizadas polos clientes tamén se elevaron á Axencia Española de Proteccións de Datos polo seu uso e obtención de xeito ilícito.

    Redacción Barbanza