O GROVE> O Grove é a capital do marisco, pero dende este venres vai ser tamén a capital do peixe azul. Emgrobes impulsa a primeira edición das xornadas ‘O Grove azul’, unha proposta que ten este tipo de peixe como ingrediente principal. Nesta proposta participan unha ducia de establecementos, ofrecendo ata o 31 de maio petiscos coa sardiña, o xurelo ou a xarda como grandes protagonistas.
Se o que máis lles presta é saborear un bo peixe, dende este venres teñen que achegarse ao Grove. O colectivo Emgrobes impulsa ‘O Grove azul’, unhas novidosas xornadas gastronómicas nas que o peixe azul é o gran protagonista.
Estas xornadas arrancan este venres e vanse prolongar ata o 1 de xuño, con múltiples opcións, dende petiscos a diversas opcións de menú a escoller entre a ducia de restaurantes que participan nesta primeira edición.
Para que se fagan unha idea, estas son algunhas das opcións.
A clientela qu eo desexa pode selar a súa tarxeta de participación e optar a distintos premios.
Esta primeira edición do Grove Azul rematará o 1 de xuño cunha actuación da banda Os Firrás.











