![]()
VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía volve colaborar con Cáritas. Esta mañá, o goberno local e a ONG asinaron un convenio que permite a Cáritas colocar en espazos públicos colectores para a recollida de roupa. A intención é instalar seis destes puntos na vila. Da xestión da roupa reunida, encargarase a empresa Arroupa Santiago, que busca axudar á inserción laboral de persoas en situación de exclusión social.
Cáritas poderá instalar seis colectores de roupa en diferentes puntos de Vilagarcía. Da xestión da roupa reunida encargarase a empresa Arroupa Santiago, que axuda á reinserción laboral de persoas en risco de exclusión.
Non toda a roupa que se deposite nos colectores terá o mesmo destino. Algunha enviarase a países do terceiro mundo. A máis estropeada, destruirase mediante un proceso que respecte o medio ambiente, procurando reciclar o fío. Outra terá unha segunda vida.
Os seis colectores que se instalarán en Vilagarcía veñen sumarse aos once que xa hai repartidos ao longo da bisbarra. Dende a capital arousá, Alberto Varela animaba aos veciños a colaborar.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/convenio_caritas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/convenio_caritas.mp4{/flowplayer}








