Un informe desvela a grave situación económica das arcas pobresas

    psoepobrainformedepu.jpgPOBRA> Para a agrupación local do PSOE isto vén propiaciado por doce anos de dispendio e desgoberno do partido popular.

    {flowplayer}barbanza/psoepobrainformedepu.flv{/flowplayer}

    O informe elaborado pola Deputación coruñesa analiza a situación económica financeira dos concellos entre os anos 2006 e 2009. Os socialistas pobreses mostráronse sorprendidos dos datos que revela no tocante o municipio pobrés.

    Quinto ano consecutivo

    Malia que o alcalde anunciara a aprobación dou Plan de Saneamento, o remamento de tesourería volta ser negativo por quinto ano consecuitos. Para os socialistas, isto é indicativo de que non se está a reducir a débeda real do concello, a que se ten cos provedores.

    No dito documento, o concello pobrés ocupa os derradeiros lugares no tocante a remanente de tesourería e aforro neto e os primeiros postos en endebedamento a longo prazo. Ademáis os socialistas detectaron erros na contabilidade.

    Os integrantes do PSOE ciritcaron que o executivo local, no seu momento, non se acollese o Plan de restruturación da débeda do goberno central porque dixeron o que non querían era aceptar a titoría externa das contas.

    Redacción Barbanza