Desarrollos Vilanova solicitará este mes a licenza comercial

    concello_vilanovacopy.jpgVILANOVA> Ademais, a partir do día 15 habilitarán o salón de plenos do concello para a recepción de currículos. Ata agora, recibiron 626.

    {flowplayer}images/salnes/DOCUMENTACION_DESARROLLOS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Xa o anunciaban en xaneiro. Nunhas semanas Desarrollos Vilanova presentaría o proxecto de bases e estatutos da xunta de compensación dos terreos onde se vai a construír a superficie de San Miguel de Deiro. E así o fixeron esta mañá no concello. Agora será este o que o aprobe inicialmente.

    Paralelamente, o responsable da promotora anunciou que este mes presentará a licenza comercial á Consellería de Industria.

    Ó mesmo tempo, o alcalde informou que en menos dun mes xa recibiron, sen anuncialo, 626 currículos. Por iso, a partir do día 15 habilitarán o salón de plenos para a súa recepción, o tempo que sexa necesario.

    Polo tanto, os trámites seguen avanzando a bo ritmo co que, e a pesares do contencioso administrativo que o Consorcio ten previsto presentar contra o proxecto, o responsable da promotora considerou que non os vai a afectar nin vai a paralizar o proceso. Ó tempo ofrecéronse para xuntarse para traballar conxuntamente.

    Con todo, se os prazos saen segundo o previsto e a Consellería lles concede a licenza a tempo, as obras nos accesos poderían comezar antes do verán de xeito que no 2012 a superficie estea en funcionamento.

    Redacción Salnés