![]()
PONTEVEDRA> A empresa madeireira aumenta a súa presencia na internet cunha canle de vídeos na que difundirá información sobre a súa actividade.
Coa fin de ter máis presenza nos entornos dixitais, Ence vén de abrir unha canle propia en Youtube a través da cal ofrecerán datos sobre a súa actividade empresarial e información corporativa. Trátase dunha iniciativa pioneira no sector, xa que moitos dos vídeos que integrarán este espazo da rede estará elaborados e editados polos propios traballadores da firma.
Conscientes do peso da internet como medio de comunicación social, a firma madeireira buscar reforzar con esta nova ferramenta ‘a súa estratexia de Responsabilidade Social e Sustentabilidade como criterio básico de xestión’, ademais de converterse ‘nun referente do mundo industrial e forestal español’ tamén na rede.
A canle de vídeos de Ence xa se atopa operativa no espazo www.youtube.com/grupoence.
Redacción Salnés










