O BNG de Cambados ve segundas intencións no proxecto

    fotosacofefinanescopia.jpgCAMBADOS> O BNG explicou o seu rexeitamento ó proxecto do Concello para a colocación de comportas no Saco de Fefiñáns.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_Cambados.flv{/flowplayer}
     
    O proxecto permitirá regulala entrada e saída de auga deste entorno mediante a colocación dunhas comportas hidráulicas. Traballos que, se todo segue segundo o previsto, poderían estar rematados nun plazo non superior a sete meses.
     
    O obxectivo desta obra é converter esta zona nun lugar apropiado para a prática de deportes náuticos, pero para o BNG non se poden priorizar estas actividades por riba do marisqueo que é ao que ata o de agora está destinada esta zona.
     
    Por outra parte, dende o BNG destacaron tamén a necesidade de realizar un estudio sobre o impacto ambiental, recordou Víctor Caamaño que é preciso facelo para valorar os efectos que suporá este proxecto.
     
    Ademais quixo recordar que o alcalde se comprometera a levar a cabo as labores de saneamento da zona pero segundo el esto non se está a facer. Con todo, se o informe ambiental non se leva a cabo non haberá forma administrativamente, de botar abaixo o proxecto.
     
     
    Redacción Salnés