EU denuncia tráfico ilegal de madeira no porto de Vilagarcía

    eu100_220408.jpgVILAGARCÍA > Esquerda Unida de Vilagarcía manifestaron esta mañá a súa preocupación pola situación ambiental na comarca do Salnés..

    …A situación dos depósitos de Ferrazo, a bacteria Microcistina , a reciclaxe e o s suposto tráfico ilegal de madeira son algúns dos temas para os cales propuxeron as súas propias alternativas e facer así política de medio Ambiente na sombra ó desaparecer esta concellería co actual goberno.

    Para Esquerda Unida a política de medio Ambiente no concello de Vilagarcía é inexistente ó carecer dun departamento propio para dar solución e incentivar campañas de concienciación. O primeiro dos temas que os de esquerdas sacaron a relucir foi os depósitos de Ferrazo e os hidrocarburos para os cales afirmaron a administración segue sen manobrar ningunha solución .

    A alternativa de Esquerda Unida sempre foi a mesma, a retirada dos depósitos Tamén se preguntan en que estado se atopa o estado do Río Umia do cal Vilagarcía tamén se abastece despois da crise da bacteria Microcistina, Outro dos temas ambientais no que Esquerda Unida insiste é na reciclaxe. Propoñen que nas zonas rurais se faga un tratamento de compostaxe e que non se paguen as taxas polos produtos orgánicos. Así tamén esixe á administración un seguimento ás empresas que deben reciclar e non  o fan

    Pero sen dúbida o tema máis candente e que vai a traer mais cola é o suposto tráfico ilegal de madeira no porto de Vilagarcía. En concreto unha especie que provén dende Brasil chamada Jatoba. Esquerda Unida denuncia a deforestación que están a sufrir os bosques e selvas tropicais de países sobre todo sudamerianos para exportar a países coma o noso sen ningún tipo de control.  Para EU é unha Unha responsabilidade de todos

    Para restablecer esta problemática EU solicita un convenio dentro do plan europeo da madeira cos países de orixe exportadores de madeira para que exista unha garantía dende a trazabilidade ata o destino, conservando a protección dos bosques. Iso levaríase a cabo cumprindo os prazos obrigatorios que se estableza no convenio

    Redacción Salnés