Lousame adicará máis da metade do seu Orzamento a investimentos

orzamentoslousame.jpgLOUSAME> Esta previsto adicar a distintas actuacións máis de dous millón douscentos mil euros, un 32% máis que o pasado ano.

O concello de Lousame presentou unhas contas de catro millóns douscentos setenta mil euros, nos que máis da metade, dous millóns douscentos mil euros estarán destinados a novas actuacións no municipio.

{flowplayer}barbanza/orzamentoslousame.flv{/flowplayer}

O alcalde, Santiago Freire felicitouse de superar o nivel de investimento en relación o pasado orzamento, malia a complicada situación económica actual. Tamén mellorou o estado da débeda, pasando a ser Lousame o concello da comarca da Barbanza con menor nivel de endebedamento por habitante.

Control do gasto

O rexedor lembrou que dende que o seu grupo de goberno accedeu a alcaldía os Orzamento Municipal pasou de ser dun millón de euros en 2003 a catro millóns neste ano grazas a unha xestión austera que permitiu control o gasto.

Entre os investimentos previstos para 2011 figuran a conexión Portobravo á Tállara, a dotación de novo mobiliario do arquivo municipal, a construción do centro de día ou a instalación dunha rede de saneamento no lugar de Servia. 

Novo campo de fútbol

Outras actuacións será a recuperación dos muiños e mellora de pasarelas no paseo fluvial da Ponte de San Francisco, a ampliación de zona de estacionamento no campo da festa de Fruíme ou a humanización da contorna do núcleo de Portobravo.

Por último, está previsto completar a oferta deportiva do municipio cun campo de futbol en Cruído e rematar a rehabilitación do poboado mineiro de San Finx.

Redacción Barbanza