N.O.I.A. propón a creación dun aparcadoiro no Peirao do Marqués

 NOIA> Noieses Independentes Agrupados presentará unha iniciativa solicitando a adecuación dunha parcela situada no peirao do Marqués para convertela en aparcamento.

{flowplayer}barbanza/mocionnoiesesindependentes.flv{/flowplayer}

O presidente do partido independente adiantou o contido da iniciativa que van presentar os próximos días no concello. O obxectivo é incrementar o número de prazas de estacionamento no centro da vila nesta explanada que depende de Portos de Galicia.

Mentres non se acometa o aparcadoiro subterráneo proxectado polo equipo de goberno, a agrupación independente considera preciso dotar de novas prazas a esta área tan próxima á zona comercial do casco histórico.

Ademais da adecuación deste espazo consideran imprescindible o arranxo do aparcadoiro existente na zona de Labarta polo que reclaman unha actuación a Portos de Galicia.

Redacción Barbanza