O plan para o saneamento da ría abre unha brecha no bipartito noiés

plenosaneamento_100_050309.jpgNOIA> O BNG votará en contra do Plan para o Saneamento Integral da Ría realizado pola Consellería de Medio Ambiente, a través do ente Augas de Galicia.

{flowplayer}barbanza/plenosaneamento.flv{/flowplayer}

A división no executivo bipartito noiés, PSOE e BNG, terá este venres durante a celebración do pleno ordinario de marzo un novo capítulo. Nesta ocasión o enfrontamento entre os dous grupos vén marcado pola aprobación da primeira fase do Plan de Saneamento Integral da Ría, un proxecto elaborado pola Consellería de Medio Ambiente presupostado nuns tres millóns de euros.

O grupo municipal socialista considera esta actuación como prioritaria, xa que con ela daríase un paso importante de cara o saneamento integral da ría noiesa, rematando cos vertidos directos ó mar, que ademais dos danos medioambientais, supoñen un grave risco para a economía do municipio, cun importante segmento de poboación dedicado ó marisqueo.

Proxecto insuficiente

Do outro lado o BNG, que a pesar de incluir esta actuación no seu programa de goberno, considera insuficiente o proxecto e aposta pola separación de pluviais e fecais en todo o núcleo urbano para conseguir así unha rede de saneamento máis eficaz.

O PSOE noiés argumenta que de rexeitarse o proxecto, o concello noiés perdería a subvención, postura que dende o BNG non comparten xa que a auténtica perda sería investir tres millóns de euros nunha obra que non dea o servizo axeitado ós cidadáns.

Dende o BNG noiés quixeron amosa-lo seu total compromiso cos veciños, polo que non están dispostos a aceptar ningún tipo de chantaxe política polo único feito de manterse no goberno municipal.

Redacción Barbanza